DESEÑO DUN MODELO DE NEGOCIO






Neste artigo imos comentar o acontecido na sesión do 27 de setembro: "Deseño dun modelo de negocio".

Durante a sesión, aprendemos sobre o concepto de emprendemento: a idea e a razón de ser da empresa, e dos rasgos das personas emprendedoras. Ademais, relacionamos estos conceptos teóricos, levándoos á práctica a través dun modelo de negocio, base sobre a que construír o noso Plan de empresa.

Respecto ás ideas crave da sesión, pasamos a desagregalas segundo a parte teórica e a parte práctica da mesma.

- Primeira parte da xornada:

Comezamos coa teoría e definimos un emprendedor como a persoa que pon en marcha un proxecto. Hai que distinguilo dun empresario, que é quen xestiona a empresa; polo tanto, un emprendedor é un termo máis amplo, xa que ademais pode xestionar o seu proxecto (ser empresario).


O emprendedor pode selo por dous motivos:
  • Pola súa Naturaleza.
  • Por circunstancias persoais (está sen emprego, quere gañar máis,…).

O emprendedor debe ter claros 3 conceptos:
  1. Fin:  Razón interna que motiva o proxecto.
  2. Misión:  Razón ante a sociedade ou comunidade que rodea ao emprendedor.
  3. Visión:  Misión a longo prazo.

Emprender ten vantaxes e inconvenientes, pero ante todo é un proceso que debe basearse nun Plan de empresa, que identificará, describirá e analizará unha oportunidade de negocio.

Polo tanto, é moi útil para dar forma á nosa idea e planificar a estratexia a seguir, pero sobretodo, para coñecer a súa viabilidade e dalo a coñecer a terceiros para buscar financiamiento.

Ademais, é esencial o escenario en que plasmamos o noso Plan de Empresa, e o recomendable é non utilizar un escenario intermedio (nin optimista nin pesimista, e en todo caso intermedio cara a pesimista). Estruturándoo nos seguintes apartados:
  1. Introdución.
  2. Estudo de Mercado.
  3. Plan Comercial.
  4. Plan de Organización e RRHH.
  5. Aspectos Legais.
  6. Estudo Económico - financeiro.
  7. Conclusións: Viabilidade.
  8. Resumo executivo.
  9. Anexos.

E nútrese do modelo de negocio, que describe as bases sobre as que unha empresa crea, proporciona e capta valor. Unha ferramenta cualitativa, para confeccionar modelos propios de desenvolvemento de negocio e validar as súas posibilidades de éxito, é o Modelo Canvas, que responde ás seguintes preguntas:
  • ¿Como?: A infraestrutura (red de aliados, actividades crave e recursos crave).
  • ¿Que?: A oferta (estrutura de custos). 
  • ¿A quen?: Os clientes (proposta de valor, relación co cliente, segmentos de clientes e canles)
  • ¿Canto?: As finanzas (fluxo de ingresos).


Nesta imaxe, podemos apreciar como encaixan os nove módulos dentro destas preguntas, dunha forma moi visual.

- Segunda parte da xornada:

A actividade proposta invítanos a facer un esforzo creativo na elaboración dunha idea de negocio.

No noso caso desenrolamos a idea dun servizo de apoio e potenciación do deporte en persoas con diversidade funcional. 

Esta parte creativa lévanos necesariamente a por en papel o abstracto. E isto facémolo a través dunha ferramenta, Business Model Canvasproposta e creada inicialmente por Alexander Osterwalder.

Sobre un cartaz, os diferentes grupos de traballo, plasmamos a nosa idea seguindo os pasos propostos neste lenzo, o que nos guiou polas cuestións máis relevantes que un emprendedor se debe facer á hora de afrontar un futuro funcionamento real do seu negocio. Este foi o noso resultado:
Ao finalizar, tódolos grupos pegamos estes lenzos nos vidros da aula e puidemos compartir e ver os traballos que fixeron os compañeiros e compañeiras.

Esta é a foto do noso grupo co lenzo Canvas que realizamos na sesión.


- Por último, deixámosvos un apartado onde podedes consultar interesantes artigos relacionados co tema da sesión:
- E, para rematar, con referencia a esta xornada tamén vos colgamos o resumo das participacións feitas no Twitter:


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación Patricia Horjales.

Personal Branding

Presentación Andrea Vara Ortiz